SEMANA MUNDIAL DO GLAUCOMA 9-15 MARZO 2015
Acto na
sede da ONCE, na Coruña 12- 5 -2015
Participan:
psicóloga da ONCE, Mª Xosé Losada, oftalmólogos M. Cordido e J.A. Saavedra,
Luis García, delegado na Coruña da Asociación Galega para a Prevención do
Glaucoma (AGG).
Resumo das intervencións:
OFTALMÓLOGOS
(Nesta
charla trátase fundamentalmente do chamado glaucoma de ángulo aberto.
Menciónanse e máis nada , outros tipos de glaucoma como o agudo, o conxénito e o traumático).
Definen
o glaucoma como un grupo de enfermedades de orixe descoñecida cuxo tratamento
hoxe consiste na baixada da tensión intraocular.
Aínda
que se utilizan como referencia valores de tensión considerados elevados e con
risco de glaucoma, realmente cada persoa ten unha tensión que o seu nervio
óptico pode soportar. Esta resistencia individual á presión non é predecible
nin obxectivable.
O
glaucoma non da síntomas até chegar a estadios moi avanzados da enfermidade, xa
que a visión que se comeza a perder é a lateral, conservándose a visión
frontal. Pódese ver correctamente de fronte cunha perda moi grande da visión
polo lados, da que non nos damos conta.
Tensións
por riba dunha cifra predeterminada non quere dicir ter un glaucoma necesariamente.
Non
obstante, tensións por baixo deses valores considerados probablemente
patolóxicos, tampouco descartan o glaucoma.
Única maneira de diagnosticar o glaucoma: o exame do nervio óptico para saber se hai destrución de células da
retina (excavación).
Na
Galiza ao ter unha poboación relativamente máis envellecida en termos de
promedio que en outras zonas do Estado, a prevalencia do glaucoma é maior.
Estímase nun 3 % da poboación. Por riba dos 65 anos a prevalencia pode chegar ó
5%
Pode
ser que máis ou menos a metade dos enfermos de glaucoma non saiban que padecen
esta doencia. Cando chegan á consulta, aproximadamente, máis dunha terceira
parte deles estímase que xa perderon gran parte da visión dun ollo.
Factores
de risco importantes: a idade, antecedentes familiares (valúase que a
probabilidade de padecer un glaucoma neste caso multiplícase por dez), diabete,
alta miopía (“miopía magna”). Nas persoas de raza negra e asiática a
prevalencia do glaucoma é maior.
Tratamentos.-
Colirios, láser e cirurxía en función da resposta e da evolución de cada un.
A
cirurxía do glaucoma considerase unha subespecialidade dentro da oftalmoloxía.
Hai escasos oftalmólogos que a practican. Para o diagnóstico a través do exame
do nervio óptico, hai xa en maior medida, facultativos/as que o poidan facer.
PSICÓLOGA
A
discapacidade por perda severa da visión dunha persoa produce, entre outros
efectos, consecuentemente, unha perda de información do medio no que desenvolve
a súa vida, conleva importantes limitacións funcionáis na actividade cotiá,
inseguridade, perda de autonomía, e, en conxunto, unha problemática que afecta
a todo o grupo familiar do enfermo.
En
definitiva, córtanse actividades que antes eran automáticas.
Os
efectos da perda da vista dependen da situación de partida e da resposta de
cada individuo e, tamén, das súas características psicolóxicas e redes de apoio
das que dispoña.
O
paciente, xa con diagnóstico e tratamento por glaucoma, mantén unha constante
incerteza sobre o que pode pasar mañán. Unha actitude que podería ser a de
pensar que, en calquera momento, póde perder a vista totalmente.
Lema: COÑÉCETE, ACÉPTATE E
SUPÉRATE.
DELEGADO
AGG NA CORUÑA
Falta
un programa público de detección precoz do glaucoma na Galiza.
O
SERGAS non cumple axeitadamente os seus deberes a este respecto para disminuir
significativamente o risco de agravamento desta patoloxía.
Nestes
momentos, o diagnóstico inicial do glaucoma está cheo de incertezas. Ten moito
que ver coa a casualidade e a boa sorte. Por exemplo a visita ó oculista por
revisións rutinarias (na privada fundamentalmnte) o por outro problema
diferente que dea sintomatoloxía, cataratas, conxuntivite, problemas nos
lacrimais, etc., etc.
Segundo
as nosas noticias, salvo erro, na Coruña os centros de saúde de primaria dispoñen
de dous retinógrafos en toda a área sanitaria e outro en Carballo. O
retinógrafo é un aparello que obtén unha imaxe do nervio óptico que examina o
médico de familia e pode confirmar o oftalmólogo/a no Servizo de Oftalmoloxía
correspondente.
O tempo
do médico é limitado. Isto, engadido á previsible non utilización dun
retinógrafo, e a posible falta de datos sobre antecedentes familiares, compoñen
unha situación de moita vulnerabilidade para os enfermos de glaucoma.
Durante
o tempo que se agarda até chegar ó especialista en oftalmoloxía, ó estar sen
tratamento, pódese agravar a enfermidade.
(
Fonte: lista de espera estrutural en oftalmoloxía a decembro 2014: www.sergas.es)
Primeiras
consultas até tres meses, 3.942 persoas sobre 4.157 (un 94,8%). Resto até seis
meses 5,2%
Cirurxía,
até tres meses, 1.484 sobre 2.210 (67,2%). Resto, entre 3 meses e un ano un
32,8%
As
chamadas “axendas pechadas” non computan como espera, resultando unha crara
manipulación mediática da realidade por parte da administración sanitaria.
Os
retrasos na atención oftalmolóxica, incentivan a utilización da rede privada
para aquelas persoas que dispoñan dos suficintes medios económicos, situación
cada vez menos probable nun contexto de importantísima crise económica e de
falta de equidade na asignación de recursos públicos.
Tratouse
tamén o problema da transparencia na acreditación da subespecialidade do glaucoma. Na privada
descoñécese, agás as grandes
clínicas. Na pública non hai unidades de glaucoma dabondo, senón oftalmólog@s
que se adican dun xeito particularmente intenso a esta patoloxía que, segundo
os especialistas, supón unha cirurxía complexa.
Reivindicacións
da Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma:
- A) Intervir a tempo en tódolos casos de glaucoma. (redución e
transparencia das listas de espera).
- B) Atención por parte de profesionáis formados para tratar o glaucoma
- C) Acceso á atención oftalmolóxica na Sanidade Pública dos pacientes que o
precisen. A situación económica non pode ser unha limitación á hora de recibir
o tratamento máis eficaz.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario