Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

luns, 16 de marzo de 2015

Máis de cen persoas fixeron un MURO de defensa da sanidade pública diante do ambulatorio do Ventorrillo

A plataforma de defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña SOS Sanidade Pública organizaou hoxe un MURO simbólico de defensa da sanidade pública diante do ambulatorio do Ventorrillo.

Escenifocou unha alianza entre pacientes, profesionais e cidadanía en xeral para a creación do MURO de defensa da nosa sanidade pública.
Para que paren os recortes.
Para que paren as privatizacións.
Para que a sanidade sexa universal, para todo o mundo independentemente da clase social ou dos ingresos económicos.
Para que todo o mundo teña dereito ao acceso a tratamentos e probas diagnósticas. Compartiron o muro  persoas da plataforma de afectados pola hepatite C, rostro máis visible dos recortes, que ben saben o que fai falta loitar polo acceso a medicamentos, polo dereito á saúde e, en definitiva, polo dereito á vida.
Lembrámoslle a Feijoo que estamos de garda e que non deixaremos que destrocen máis a sanidade pública.



Fixemos o muro para defender o dereito á saúde. Un MURO imposible de romper a Feijoo e á conselleira de sanidade.

Anunciamos tamén neste acto a celebración duna manifestación o próximo XOVES 19 de marzo en todas as cidades galegas cos lemas
"Os recortes matan"
"Non ao negocio coa saúde"

Na Coruña sairá ás 8 da tarde da Casa do Mar


1 comentario:

  1. Isto é una vergoña para todos os cidadáns e sobre todo para os Sanitarios.Hay que loitar e sair as rúas polo noso traballo e os nosos privilexios que xa nos quitaron(falta por pagar extra que xa nos comeron,recuperación dos DLD,etc..)que paren con esta paranoia que lles entrou de rematar ca sanidade Pública;é o mellor sisrema que temos non só nOS se non todos os cidadáns...XA BASTA,isto hay que arranxalo como ben poidamos,cos nosos dereitos e coas nosas esperanzas de atender a calquer cidadán,non só os pudientes.Sair a rúa,Publicacións constantes na radio-Prensa,o que sexa e agora é bo momento de facer PUPA,xa que as eleccións están ahí.A por eles,xa dunha p.vez

    ResponderEliminar