Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

venres, 3 de marzo de 2017

O Consello Local de Saúde de A Coruña vaise aprobar no Pleno municipal do próximo luns 6 de marzo co apoio de todos os gupos


SOS Sanidade Pública presentou esta mañá en rolda de prensa a súa iniciativa de creación do Consello Local de Saúde de A Coruña e a aceptación tanto por parte do goberno municipal como da totalidade dos grupos municipais.

SOS Sanidade Pública A Coruña fixo a proposta ao goberno e grupos municipais de crear o Consello Local de Saúde e a iniciativa foi ben acollida por todos os grupos.
Deste modo vaise aprobar no próximo pleno municipal do 6 de marzo, por unha moción conxunta (Marea Atlántica, PP, PSOE e BNG), a creación do Consello Local de Saúde de A Coruña.

O Consello será un órgano de participación, composto por institucións (concello, consellarías de benestar, educación, sanidade, partidos políticos, sindicatos) e por todo o tecido asociativo de A Coruña que o desexe.

O obxectivo é que calquera que teña unha idea, unha iniciativa de intervención comunitaria na saúde teña a oportunidade de presentala e traballala co resto de grupos e poñela en práctica.

É unha iniciativa en positivo, construtiva, aberta, de mellora da saúde da xente da Coruña.

Fixémoslles a proposta de traballo para este ano, aos grupos municipais e ao goberno, e tamén lles agradou a idea a todos. Crear tres grupos de traballo que desenvolverían a súa activade ata aproximadamente outubro:
- un para facer un diagnóstico de saúde: coñecer de que morren e enferman as persoas da Coruña
- outro para facer un mapeo de recursos existentes na cidade relacionados coa saúde (desde centros sanitarios ou sociais, deportivos, de institucións privadas,...)
- e outro para coñecer as actividades e programas que xa están en marcha neste momento relacionadas coa saúde na cidade.

Con esta información e as iniciativas que teñan as organizacións que participen no Consello trataríase no último trimestre deste ano de facer propostas de acción para implementar no 2018 e que xa puidesen figurar tamén nos próximos orzamentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario