Reproducimos o debate da moción municipal de creación do Consello Local de Saúde de A Coruña, unha iniciativa de SOS Sanidade Pública de A Coruña que contou co apoio de todo o pleno municipal, coa forma de moción conxunta.
Pleno Municipal do Concello de A Coruña do 6 de marzo de 2017
TEXTO da MOCIÓN:
Atendendo
a petición da Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública de A
Coruña-SOS Sanidade Pública A Coruña, os grupos municipais de Marea Atlántica,
Partido Popular, Partido Socialista de Galicia, Bloque Nacionalista Galego, pertencentes
á Corporación Municipal do Concello da Coruña, ao abeiro do Regulamento
Orgánico Municipal, presentan a seguinte moción sobre a creación do Consello Local de Saúde da Coruña.
Exposición de motivos
A definición de saúde foi
cambiando nos últimos anos. A OMS defínea agora dun modo máis operativo e
vinculada á vida cotiá como a capacidade de desenvolver o propio potencial
persoal e responder de forma positiva aos retos do ambiente, superando deste
modo o concepto inicial de ausencia de enfermidade.
Está comprobado que os
determinantes sociais da saúde inflúen na produción da enfermidade e na
mortalidade, máis incluso que factores xenéticos ou biolóxicos. Estes
determinantes son as condicións nas que as persoas viven, traballan crecen e se
relacionan e estas variables, a diferenza das xenéticas, son modificables.
O marco internacional
aboga claramente polo traballo intersectorial e na liña de mellora dos
determinantes sociais da saúde tal como se pode observar nos seguintes
documentos:
- Carta de Ottawa sobre
promoción de saúde e acción intersectorial,
- OMS Saúde 2020 na que
ten en conta os principais desafíos que afectan actualmente ao territorio
europeo, como o aumento das desigualdades na atención sanitaria entre países,
redución considerable dos servizos públicos durante a crise económica e o
aumento significativo da prevalencia de enfermidades crónicas non contaxiosas
como os trastornos de saúde mental, o cancro, a obesidade ou as enfermidades
cardiovasculares.
- Declaración de
Helsinki sobre Saúde en Todas as Políticas e
- As conclusións do
Consello da Unión Europea en equidade e saúde en todas as políticas (2010).
O municipio é o lugar por
excelencia de convivencia e de vida e por elo ten un papel esencial na saúde
das persoas. É un lugar idóneo para articular unha reorientación das políticas
públicas cara a saúde. Existen aspectos no ámbito local que facilitan o
desenvolvemento da saúde desde este enfoque: coordinación intersectorial
(educación, medio ambiente, sanidade, benestar, urbanismo, deporte, emprego,
igualdade, transporte,...), participación da cidadanía e gobernanza en saúde,
cooperación en redes e con outros actores sociais, e a cercanía da
administración local á cidadanía.
SOS
Sanidade Pública considera que o Consello Local de Saúde pode ser o lugar de
participaciaón mutisectorial da cidadanía coruñesa e de posta en marcha de
iniciativas en común para a mellora da saúde.
Por todo
isto, os grupos municipais de Marea Atlántica, Partido Popular, Partido
Socialista de Galicia-PSOE e Bloque Nacionalista Galego solicitan do Pleno da
Corporación Municipal, recollendo a proposta da Plataforma pola defensa e
mellora da sanidade pública de A Coruña-SOS Sanidade Pública A Coruña, que tome
os seguintes
Acordo
1. A creación do Consello Local de Saúde de A Coruña
como instrumento de participación cidadá na elaboración, corresponsabilización
e lugar de debate de políticas, programas e actividades destinadas á mellora da
saúde da poboación de A Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario