Nota de prensa
Jeanne Picard e Daniel Grandío, na Palestra
de Mobilidade que organiza a Asociación
Galega para a Prevención do Glaucoma o martes 14 no Ágora
Dentro
dos actos da Semana Mundial do Glaucoma, que se celebra entre o 12 e o 18 de
marzo, a Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma organiza na Coruña
unha palestra sobre os problemas cotiáns de mobilidade no espazo urbano dos
afectados por esta enfermidade que dana a visión.
A
palestra contará coa participación de Jeanne
Picard, presidenta de Stop Accidentes e experta en cuestións de mobilidade
peonil; de Daniel Grandío, o
concelleiro de Mobilidade do Concello da Coruña, e de Roberto Rilo, presidente da Asociación de Ciclistas Crunia. Con
eles conversará Luís García,
responsable na Coruña da Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma.
A
palestra celebrarase o martes día 14 de marzo no Centro Ágora e comezará ás
19.30 horas. Para a organización desta acto, a Asociación Galega para a
Prevención do Glaucoma contou coa colaboración da Asociación de Ciclistas
Crunia e de tres medios de comunicación dixitais da cidade: Coruña hoy, Entre
Nós e La duda.net.
Na Coruña, 9 de marzo de 2017
Peóns, ciclistas e mobilidade. Palestra no Ágora
Martes 14 de marzo
19.30 horas
Centro Ágora
Asociación
Galega para a Prevención do Glaucoma
Luís
García: 650 85 64 45
Ningún comentario:
Publicar un comentario