SOS Sanidade Pública participa no Escano Cidadán da Coruña no Pleno municipal no que se aproba a moción da creación do Consello Local de Saúde.
Expresa a súa satisfacción pola acollida de todos os grupos e o goberno municipal á iniciativa de SOS Sanidade Pública de creación do Consello Local de Saúde e manifesta as súas expectativas de futuro con este organismo.
Fala, en representación da Plataforma SOS Sanidade Pública, Ramón Veras Castro:
Texto da exposición no Escano Cidadán:
Expresa a súa satisfacción pola acollida de todos os grupos e o goberno municipal á iniciativa de SOS Sanidade Pública de creación do Consello Local de Saúde e manifesta as súas expectativas de futuro con este organismo.
Fala, en representación da Plataforma SOS Sanidade Pública, Ramón Veras Castro:
Texto da exposición no Escano Cidadán:
Sr Alcalde, concelleiras, concelleiros, persoal do Concello, persoas asistentes como público (e que aínda resisten) e asistentes por streaming.
Boa noite
Boa noite
Eu
falo en representación da Plataforma de mellora e defensa da
sanidade pública de A Coruña, SOS Sanidade Pública A Coruña.
Aprobouse
hoxe a moción conxunta para a creación do Consello Local de Saúde
de A Coruña. Foi unha iniciativa de SOS Sanidade Pública de A
Coruña, agora xa é unha iniciativa deste Pleno municipal.
Estamos
moi contentos e satisfeitos pola acollida tanto do goberno municipal
nas persoas de Silvia Cameán e Claudia Delso, como nos grupos
municipais. Entrevistámonos por parte do PP con Rosa Lendoiro e Roberto Coira, con Mar Barcón, do PSOE
e Avia Veira, d BNG.
Como
vostedes saben, xa o mencionaron antes, os organismos internacionais relacionados coa saúde
e a literatura científica fala reiteradamente nos últimos anos da
necesidade de poñer en marcha iniciativas de saúde pública nas que
-
por un lado, se promovan políticas sanitarias multisectoriais,
-
por outro, se teña en conta a Saúde en Todas as Políticas
-
e por último, se ofrezan recursos para que a poboación poida
atender mellor á súa saúde
Unha
saúde entendida agora xa non como ausencia de enfermidade senón
como a capacidade que ten a persoa de desenvolver o seu propio
potencial persoal e de responder de forma positiva aos retos do
entorno, do ambiente que a rodea.
O
Consello Local de Saúde pode axudar a mellora a saúde das xentes da
Coruña con iniciativas de mellora orientadas en dou sentidos:
1º
Por un lado con actividades máis ligadas a estilo de vida e que
serán útiles para a mellora de problemas como o cancro, a
obesidade, a diabete, tabaquismo ou o alcohol, nos que a prevención
está fundamentalmente en como vivimos e nos relacionamos
2º
E en segundo lugar na mellora dos determinantes sociais da saúde
(as condicións nas que as persoas viven, traballan, crecen e se
relacionan).
Sabido é que estes determinantes sociais da saúde poden ter máis influencia na mortalidade que os factores xenéticos ou biolóxicos.
Sabido é que estes determinantes sociais da saúde poden ter máis influencia na mortalidade que os factores xenéticos ou biolóxicos.
Nun estudo publicado na prestixiosa revista médica Lancet do 31 de xaneiro mediron actividade física, tabaquismo, hipertensión arterial, inxesta de sal, diabete, obesidade, alcohol e estatus socioeconómico, e observaron que o tabaco era a variable de maior impacto pero o cambio de categoría de estatus ofrecería un maior impacto de redución da mortalidade na poboación que a redución de hipertensión arterial, diabete ou mesmo obesidade.
Non
valen, polo tanto, para controlar esta influencia na saúde os
servizos sanitarios. Faise necesario crear outras vías de mellora.
O
Consello Local de Saúde é unha oportunidade para que calquera
colectivo da cidade que teña unha idea ou unha iniciativa de mellora
da saúde poida canalizala por medio deste organismo. É unha
oportunidade para promover na sociedade cambios e melloras que non se
poderán dar desde os servizos sanitarios.
Claro,
un organismo deste tipo será útil dependendo da súa actividade, e
será moi dependente do liderado e impulso do mesmo. Non podemos
permitir que se converta nunha inútil institución burocrática
máis, e pola nosa parte intentaremos que non sexa así. Necesitamos
mantelo vivo, activo. Para iso poderán contar con nós no que faga
falta.
Agradecerlles
finalmente a acollida da iniciativa e desexarlles un gran éxito
tanto ao goberno, parece que será Silvia Cameán quen lidere este
proxecto, e ao PP, PSOE e BNG pola súa corresponsbilidade na
creación e desenvolvemento deste Consello.
Moitas
grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario