Carta de Silvia Cameán, concelleira de xustiza social e coidados ao conselleiro de sanidade Jesús Vázquz Almuíña:
Foto de Víctor Echabe para La Opinión de A Coruña
Nota de prensa do BNG:
O
Bloque exixe que o Sergas cubra de profesionais da pediatría de
xeito urxente aos centros de saúde da cidade
As
nacionalistas avanzan que presentaran diversas iniciativas no
Parlamento de Galiza para que se garanta os servizos durante os meses
de verán ao non se estar a cubrir os períodos de lecer das persoas
titulares destes servizos
Avia
Veira: “A Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de
profesionais no país para garantir o servizo. Non se debe permitir
que nos nosos barrios as nenas e os nenos queden sen atender porque
non exista unha previsión de servizos e non se cubran as vacacións
ou as baixas; veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa
están a sufrir estes días esta falla de persoal que se prolongará
ate setembro”
A
Coruña, 3 de xullo de 2018.
O
Bloque ven de anunciar a presentación de varias iniciativas no
Parlamento de Galiza a respecto dos servizos de pediatría que se
ofrecen nos centros de saúde da cidade xa que logo, e segundo
denuncias públicas da veciñanza de distintos barrios, coa chegada
dos meses de verán, estes servizos vense minguados, ou directamente
deixan de se ofrecer.
Deste
xeito, a formación nacionalista ten detectado que canto menos nos
centros de Novo Mesoiro, os Mallos, Labañou ou os Rosais, durante os
meses de xullo, agosto e setembro haberá grandes recortes no servizo
ao non se garantir as substitucións necesarias para os profesionais
que gozaran dos seus períodos de lecer, ou mesmo polas baixas
laborais que se puideran producir nestes meses.
Así,
segundo puideron comprobar as nacionalistas, no centro de Novo
Mesoiro, no servizo de pediatría, que xa só atende de mañá
durante todo o ano, só se farán revisións durante o verán a nenas
e nenos menores de 18 meses, e durante o mes de agosto só haberá un
servizo completo de pediatría cando desde o mes de abril se viña
ofrecendo un servizo mais outro medio servizo. “A respecto do
centro de saúde dos Mallos, continúan as nacionalistas, o servizo
de tarde foi pasado á mañá para cubrir estes períodos de
vacacións, e hoxe mesmo, a veciñanza de Labañou denunciou a
situación do centro no que o servizo está temporalmente pechado e
sen que a Xerencia provea de persoal de substitución remitindo ás e
aos pacientes ao centro dos Rosais, centro que, por certo, durante o
mes de agosto tamén terá que cubrir as vacacións dos seus
profesionais e que, con toda probabilidade quedará na mesma
situación que os demais centros da cidade”.
Desde
o BNG consideran está situación como inadmisíbel e exixirán ao
Sergas mediante esta batería de iniciativas a
cobertura urxente de profesionais da pediatría aos centros de saúde
da cidade para garantir o servizo con total normalidade e coa menor
distorsión para coa veciñanza.
“A
Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de profesionais no país
para garantir o servizo. Non se debe permitir que nos nosos barrios
as nenas e os nenos queden sen atender porque non exista unha
previsión de servizos e non se cubran as vacacións ou as baixas;
veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa están a sufrir
estes días esta falla de persoal que se prolongará ate setembro”,
conclúe a portavoz nacionalista no concello da Coruña Avia Veira.
Saúdos. BNG A Coruña
669 381 398
Ningún comentario:
Publicar un comentario