Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
Amosando publicacións coa etiqueta Accidentes de tráfico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Accidentes de tráfico. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de xullo de 2018

Críticas á falta de pediatría en varios centros de saúde da cidade da Coruña este verán



Carta de Silvia Cameán, concelleira de xustiza social e coidados ao conselleiro de sanidade Jesús Vázquz Almuíña:



 

Foto de Víctor Echabe para La Opinión de A Coruña

Nota de prensa do BNG:

O Bloque exixe que o Sergas cubra de profesionais da pediatría de xeito urxente aos centros de saúde da cidade
As nacionalistas avanzan que presentaran diversas iniciativas no Parlamento de Galiza para que se garanta os servizos durante os meses de verán ao non se estar a cubrir os períodos de lecer das persoas titulares destes servizos
Avia Veira: “A Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de profesionais no país para garantir o servizo. Non se debe permitir que nos nosos barrios as nenas e os nenos queden sen atender porque non exista unha previsión de servizos e non se cubran as vacacións ou as baixas; veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa están a sufrir estes días esta falla de persoal que se prolongará ate setembro”

A Coruña, 3 de xullo de 2018. O Bloque ven de anunciar a presentación de varias iniciativas no Parlamento de Galiza a respecto dos servizos de pediatría que se ofrecen nos centros de saúde da cidade xa que logo, e segundo denuncias públicas da veciñanza de distintos barrios, coa chegada dos meses de verán, estes servizos vense minguados, ou directamente deixan de se ofrecer.
Deste xeito, a formación nacionalista ten detectado que canto menos nos centros de Novo Mesoiro, os Mallos, Labañou ou os Rosais, durante os meses de xullo, agosto e setembro haberá grandes recortes no servizo ao non se garantir as substitucións necesarias para os profesionais que gozaran dos seus períodos de lecer, ou mesmo polas baixas laborais que se puideran producir nestes meses.
Así, segundo puideron comprobar as nacionalistas, no centro de Novo Mesoiro, no servizo de pediatría, que xa só atende de mañá durante todo o ano, só se farán revisións durante o verán a nenas e nenos menores de 18 meses, e durante o mes de agosto só haberá un servizo completo de pediatría cando desde o mes de abril se viña ofrecendo un servizo mais outro medio servizo. “A respecto do centro de saúde dos Mallos, continúan as nacionalistas, o servizo de tarde foi pasado á mañá para cubrir estes períodos de vacacións, e hoxe mesmo, a veciñanza de Labañou denunciou a situación do centro no que o servizo está temporalmente pechado e sen que a Xerencia provea de persoal de substitución remitindo ás e aos pacientes ao centro dos Rosais, centro que, por certo, durante o mes de agosto tamén terá que cubrir as vacacións dos seus profesionais e que, con toda probabilidade quedará na mesma situación que os demais centros da cidade”.
Desde o BNG consideran está situación como inadmisíbel e exixirán ao Sergas mediante esta batería de iniciativas a cobertura urxente de profesionais da pediatría aos centros de saúde da cidade para garantir o servizo con total normalidade e coa menor distorsión para coa veciñanza.
“A Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de profesionais no país para garantir o servizo. Non se debe permitir que nos nosos barrios as nenas e os nenos queden sen atender porque non exista unha previsión de servizos e non se cubran as vacacións ou as baixas; veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa están a sufrir estes días esta falla de persoal que se prolongará ate setembro”, conclúe a portavoz nacionalista no concello da Coruña Avia Veira.


Saúdos. BNG A Coruña
669 381 398



xoves, 16 de marzo de 2017

Peóns, Ciclistas e Mobilidade: Palestra na Semana Mundial do Glaucoma.

Participan Luis García, da Asociación Galega de Prevención do Glaucoma, Jeanne Picard, de Stop Accidentes, Roberto Rilo, da Asociación Ciclista Crunia e Daniel Grandío, Concelleiro de Mobilidade. 

Presenta Erik Dobaño, de EntreNós. Vídeos cortesía de EntreNós

Luis García, defensor da bicicleta como vehículo ecolóxico, "fala do dereito das persoas con glaucoma ou outras causas de baixa visión, a usar o espazo público en condicións de igualdade"
"A seguridade non é unha entelequia, é un factor determinante da saúde"
"Estamos preocupados en concreto polas bicicletas nas beirarrúas, que son unha ameaza para a seguridade"
"Precisamos un lugar de encontro entre peóns e ciclistas, buscando unha cidade amigable para todos"


Jeanne Picard, pide incluír a visión da velocidade, a necesidade da responsabilidade social e das familias e móstrase a favor da peonalización da cidade.


Roberto Rilo pide unha utilización correcta e respectuosa da bicicleta na cidade e argumenta contra os falsos mitos para non usar a bicicleta.



Daniel Grandío aboga por un Pacto e u Plan de Mobilidade que trascenda as citas electorais, para evitar solucións parciais a curto prazo, un Plan que trascenda tamén os límites da cidade e que abarque a área metropolitana, con máis transporte público e favorecendo o uso racional do automóbil.
O Pacto pola mobilidade debe ser amplo xa que os problemas son multifactoriais, afectan a varias administracións -multicompetenciais-, e ademais depende tamén e dun modo fundamental da actitude da cidadanía.
Mostrouse satisfeito co incremento continuo do uso da bicicleta na Coruña.