Artigo do día 14 de maio en Público.es
Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública
Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018
sábado, 14 de maio de 2016
venres, 13 de maio de 2016
Onde meteches os cartos Feijoo?. A débeda pública galega sobe imparable, escala montañas grazas á xestión de Feijoo
Os datos son obxectivos por moito que se queiran manipular e maquear. A débeda pública galega segue un ritmo imparable de subida desde a chegada de Feijoo. Presume de gran xestor pero o que está facendo, ademais de matarnos de austeridade, é arruinarnos, aos galegos que teremos que pagar as súas privatizacións, e á cultura galega á que despreza.
Non tivo ningún problema en recortar en servizos sociais, educación e sanidade. Onde meteches os cartos Feijoo?
Gráfico elaborado por Iago Lestegás Tizón
o xestor Feijoo chegou no 2009, por se alguén non o recorda
Podes ver máis información en:
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=10154114317565270&set=a.242929600269.138551.706925269&type=3&theater
martes, 10 de maio de 2016
O Pleno do Concello de A Coruña esixe recursos suficientes para os centros de saúde
As denuncias de falta de pediatría en Novo Mesoiro e outras deficiencias noutros centros fixo que o Pleno de A Coruña se movese para pedir á Xunta unha dotación adecuada de recursos nos centros de saúde. Tamén se pide que se cubra a praza de xinecoloxía no Centro de Orientación Familiar (COF) do Ventorrillo.
martes, 3 de maio de 2016
Badaladas pola prevención do sucidicio
Escoita esta badalada
Escoita ao Movemento Galego pola Saúde Mental
Parémonos un pouco! Poñamos atención!
sábado, 30 de abril de 2016
Os recortes matan, diga o que diga Feijoo, e tamén nos deixan sen futuro, grazas a Feijoo
Feijoo quere facernos crer que por moitos recortes que faga non pasa nada, a sanidade funciona igual, a educación tamén, a dependencia outro tanto, somos punteiros en investigación,...
Pero Javier Cudeiro, da Universidade da Coruña, catedrático, cunha liña de investigación en Parkinson moi importante, tivo que levarse un proxecto tecnolóxico para México. Parece que o proxecto ía asentándose ata que chegou o gran xestor Feijoo. Ao final os cartos non chegaron, froito dos recortes do señor, e tivo que irse fóra.
Adeus proxecto de investigación, adeus investigadores, adeus retorno tecnolóxico. Grazas, señor Feijoo.
xoves, 28 de abril de 2016
Feijoo di que atacan á sanidade pública cando se pide transparencia e petición de responsabilidades nos casos da hepatite C
Este Feijoo debe pensar que é deus. Interpreta as críticas contra a súa xestión da hepatite C como un "ataque contra a sanidade pública". Xa ten dito que él é o que defende a sanidade pública para xustificar "as privatizacións". Debe pensar que somos idiotas.
Ou está na fase de gobernante soberbio fóra da realidade, como o rei espido do conto.
Atrévese él a falar de "trampa moral". Saberá o que é/o que di?
Ou está na fase de gobernante soberbio fóra da realidade, como o rei espido do conto.
Atrévese él a falar de "trampa moral". Saberá o que é/o que di?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





