Polo peche de camas, polo deterioro da atención primaria, polo acoso á sanidade pública

Creación do Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro de 2018

luns, 28 de xaneiro de 2019

O COF volve estar en perigo

O Sergas parece que ten decidido eliminar os Centros de Orientación Familiar desta área sanitaria. É un problema de como se pensa debe ser a atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, se se pensa que basta cunha exploración xinecolóxica ou se se pensa que a atención debe ser integral, incluíndo atención psicolóxica e da traballadora social, como estaba ata agora o COF de Orillamar.
Queda 1 xinecóloga pero o sergas ameaza con non cubrir a xubilación dun xinecólogo o próximo marzo.

Ver ligazón á páxina do Concello:



O goberno municipal da Coruña demanda á Xunta de Galicia que dote ao Centro de Planeamento Familiar de Orillamar (COF) dos medios persoais necesarios que garantan un servizo de calidade para a veciñanza no espazo de referencia na atención á saúde afectiva e sexual da cidade. Segundo a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, o centro da rúa Tui, que desenvolve a súa actividade xestionado pola administración local a través dun convenio que esta mantén co Servizo Galego de Saúde, atópase nunha situación que define como "problemática" debido á xestión de persoal realizada polo SERGAS, "que non dota ao espazo dos medios e recursos que precisa para poder ofrecer un servizo tan específico como é o do COF".
"A situación é alarmante. O vindeiro mes de marzo xubilarase a persoa que ocupa a praza de xinecoloxía do COF e a información que nos chega desde o Servizo de Xinecoloxía é que a Xunta carece de persoal para poder cubrir esta praza, polo que intentará que o servizo sexa cuberto por varias profesionais, sen garantías de que sexa sempre a mesma persoa, nin todos os días da semana. A cidade non pode permitirse que o SERGAS non teña perspectivas de substitución para un servizo público", explica Fraga.
A responsable municipal lembra, ademais, que o servizo de xinecoloxía do COF de Orillamar leva seis anos suplindo ao do Ventorrillo, "que se atopa nunha situación moito máis limitada" pola xubilación, no ano 2013, do seu xinecólogo. "O Concello, como administración máis próxima a cidadanía, debe ter a posibilidade de achegar solucións reais e de calidade ás necesidades da veciñanza. Ese é o compromiso do goberno local e por iso, temos a obriga de demandar e reclamar, unha vez máis, á Xunta de Galicia, que aposte pola sanidade pública e que dote ao COF, como é a súa responsabilidade por convenio, dos medios persoais necesarios para poder garantir que se ofrece unha atención básica á veciñanza, particularmente durante as baixas de persoal", subliña Fraga.
"Hai persoal que tamén está próximo a rematar o contrato, como as prazas da matrona e a enfermeira, e é necesario garantir non só una cobertura adecuada, senón un mínimo de estabilidade no cadro de persoal, que precisa dunha formación específica. Isto é algo que tamén acontece cando se producen períodos vacacionais ou baixas temporais. Nestes casos o SERGAS nin tan sequera prevé a necesidade que poidan ter as traballadoras e traballadores de contar cun período formativo previo á súa incorporación, unha cuestión moi necesaria para desenvolver un traballo tan específico como é o do COF, o que supón moitas veces que cando o persoal xa dispón da formación suficiente ten que marchar do centro", explica a concelleira. A este respecto, Fraga sinala que a falta de previsión, de persoal especializado e de tempo de formación para poder acompañar e formar ás novas incorporacións, poder derivar en bloqueos de axendas, "en detrimento dun servizo esencial e de referencia para a veciñanza".
 

xoves, 24 de xaneiro de 2019

mércores, 23 de xaneiro de 2019

Axenda para o día 23: Concentración no CHUAC, concentracións en atención primaria

Concentración convocada pola comisión de centro do CHUAC

 Concentracións nos centros de saúde de A Coruña


Nota de prensa de SOS Sanidade Pública A Coruña
 
SOS Sanidade Pública de A Coruña apoia a concentración convocada para mañá mércores 23 ás 11:30 horas pola comisión de centro do CHUAC na rotonda diante do hospital así como os paros de cinco minutos que se van realizar en diferentes centros de atención primaria ás 12 horas.

A comisión de centro usará como lema da concentración Pola dignidade na asistencia sanitaria. Desde SOS Sanidade Pública, como plataforma cidadá, queremos engadir e pola seguridade de todos.
Os recortes aos que o PP somete á sanidade pública son moi preocupantes. A información da morte dun paciente na sala de espera do PAC de A Estrada un día que o sergas deixou o dispositivo cun médico menos do habitual, a denuncia á fiscalía da morte dunha persoa no servizo de urxencias no Hospital de Santiago, a denuncia á fiscalía persentada no 2014 pola Xunta de Persoal en relación co servizo de urxencias e que foi desestimada por non haber naquel momento relacións de causa-efecto con vítimas pero na que o fiscal si advertía da necesidade de corrixir deficiencias estruturais do mesmo.
A denuncia da Xunta de Persoal no 2014 dicía o seguinte: “Os traballadores deste servizo (de urxencias) e os órganos de representación sindical manifestaron por distintas vías e dende o momento inicial : “a inadecuación da estrutura -de urxencias- e da organización funcional para realizar a asistencia sanitaria con seguridade para os pacientes”.
Esta situación que se prolonga ano a ano e da que parece que sempre dicimos o mesmo non pode ocultar a realidade da sobrecarga laboral que supón ter os servizos cunha carga superior á prevista e para a que non hai persoal suficiente.
Mentres o sergas aplica as tesoiras no presuposto de persoal non ten problema en dispoñer de 97,5 millóns de euros nun contrato de catro anos cos hospitais privados da nosa cidade.
No lugar de reforzar a sanidade pública parece que a dirección non ten problema en financiar a sanidade privada.
A realidade é que as plantas de hospitalización e o servizo de urxencias do hospital están saturados estruturalmente con sobreocupación de camas e invasión de pasillos con camillas, e a atención primaria está farta da sobrecarga crónica e está iniciando mobilizacións.
As listas de espera en atención primaria na nosa área de saúde provocan sobrecarga nas urxencias tanto nos Puntos de Atención Continuada como nas urxencias hospitalarias. A gripe é a gota que rebasa. Pero o problema da falta de recursos é estrutural.
Esiximos a Feijoo e ao Partido Popular que prioricen o investimento nos recursos propios da sanidade pública, non para derivar aos centros privados senón para poder recibir un servizo sanitario coa garantía de seguridade suficiente, a que debemos ter como cidadás.

 

xoves, 17 de xaneiro de 2019

A Atención Primaria de A Coruña tamén se move para mellorar a atención sanitaria

 
Un grupo de alrededor de cien facultativos de familia del área de A Coruña se reunieron este martes en el Colegio de Médicos con el «obxectivo de poñer en común a situación asistencial dos centros de saúde desta área e propoñer solucións que a melloren», según Rexina Basadre.
En el encuentro participaron médicos de los centros de salud del Ventorrillo, Os Mallos, Monte Alto, Federico Tapia, Elviña, Adormideras, Abente y Lago, San Xosé, Los Rosales, Labañou, Casa do Mar, Betanzos, Culleredo, Perillo, Temple, Bergondo, Arteixo, Abegondo, Carballo, Cesuras, Muxía, Vimianzo, Cee, Cambre, Camariñas, Portádego, Malpica, Laxe e Mera. También se sumaron a la reunión médicos eventuales y de los puntos de atención continuada (PAC).
Ahí se acordó «facer unha recollida de sinaturas en apoio dunha serie de reivindicacións (pendente de rematar) para enviarlla logo á Consellería de Sanidade; coordinarse con outros grupos de médicos doutras áreas sanitarias de Galicia para promover mobilizacións conxuntas, E ter unha nova reunión o 24 de xaneiro onde se acordarán novas mobilizacións».

La Opinión de A Coruña




xoves, 6 de decembro de 2018

Denuncia da "contención mecánica" nos centros sanitarios. O movemento galego de saúde mental convoca para o 8 de decembro á unha da tarde no Obelisco de A Coruña

A contención mecánica de persoas ingresadas en centros de carácter sanitario ou residencial é unha practica máis frecuente do que a sociedade se imaxina. Con ese termo noméase a acción mediante a cal se inmobiliza con correas a unha persoa, fixándoa xeralmente a unha cama.
A contención mecánica é unha actuación sobre a persoa que reduce a súa autonomía ao mínimo imaxinable (en rigor só ao espazo que fisicamente ocupa o seu corpo), que ten efectos daniños que potencialmente poden ser moi graves, que conmove, incomoda e dana con moita frecuencia a quen se lle encomenda realizala.
Esta práctica, aplicada a persoas atendidas nas institucións psiquiátricas, é considerada unha vulneración da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.
A súa existencia é un signo de grave atraso asistencial na atención a persoas con trastornos psíquicos. Tamén é a expresión dunha concepción inaceptable do sufrimento psíquico e da práctica profesional para a súa asistencia.
A contención mecánica é daniña para quen a sofre a para quen a realiza.
Nos últimos anos téñense presentado diferentes iniciativas para avanzar cara á súa erradicación.
En Galicia a situación da súa práctica é descoñecida pero a percepción é de incremento moi preocupante, con situacións coñecidas escandalosas.
Co obxecto de sensibilizar á sociedade, denunciar esta práctica e promover iniciativas cara a súa superación, dende o Movemento Galego da Saúde Mental iniciamos unha campaña que dará comenzo cunha acción que consistirá en conter mecanicamente unha persoa no espazo público, no centro da Coruña (no Obelisco) para que todos saibamos o que é isto.
Convocamos a tódalas persoas e a medios de comunicación social o próximo sábado 8 de decembro ás 13.00 horas no Obelisco na Coruña.

En Santiago a 5 de decembro de 2018

MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL
http://movementogalegosaudemental.gal/
https://www.facebook.com/movementogalegodasaudemental
https://twitter.com/MGSaudeMental


xoves, 29 de novembro de 2018

Consello Local de Saúde de A Coruña. Elixida a vicepresidencia e o comité permanente



Publicado no facebook do Concello (fotos e texto):

O Pazo de María Pita acolleu a segunda xuntanza do Consello Local de Saúde, o órgano de carácter consultivo que naceu o pasado mes de outubro como un espazo de asesoramento e participación nas políticas municipais que teñan incidencia na mellora da saúde da veciñanza.
Nesta sesión, o Consello escolleu a entidade que ocupará a vicepresidencia do organismo (Agalure), e as que exercerán de vogais na comisión permanente: Facultade de Ciencias da Saúde -UDC, Colegio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña, SOS Sanidade Pública, ABAC - Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña, Asociacion Coruñesa de Epilepsia, Facultad de Fisioterapia UDC e Colegio de Terapeutas Ocupacionales de Galicia. Cotoga.

Mesa Redonda sobre a situación da Psicoloxía Clínica o día 1 no hospital de Oza


domingo, 4 de novembro de 2018

Eutanasia. Tema a debate

Será posible que Ana Pastor, PP e Ciudadanos deixen de manipular a mesa do Congreso e permitan que se debatan os proxectos de lei referentes a eutanasia?

Lembramos está pendente a lei presentada polo PSOE sobre eutanasia e tamén hai unha proposta de lei desde o parlamento de Cataluña sobre despenalización da axuda a morrer. Diferente pero tamén pendente hai unha lei de coidados paliativos de Ciudadanos e non foi aceptada a primeira que se presentou nesta lexislatura sobre eutanasia por parte do grupo Podemos/En Marea.

xoves, 1 de novembro de 2018

Constitúese o Consello Local de Saúde de A Coruña o 30 de outubro

Gran satisfacción en SOS Sanidade Pública pola constitución do Consello Local de Saúde de A Coruña


Desde o 30 de outubro a cidadanía coruñesa conta cun instrumento que é unha oportunidade para a saúde
Ligazón á información de coruna.gal




O alcalde destaca a importancia deste órgano consultivo posto en marcha polo goberno local “que servirá para desenvolver políticas sanitarias e de prevención dentro do marco da administración local, así como debater sobre asuntos capitais, como a ampliación e as necesidades actuais do Chuac”.


O pazo de María Pita acolleu esta mañá a constitución do Consello Local da Saúde, un ente de carácter consultivo, que supón un avance na consolidación da Coruña como cidade saudable. Presidido polo alcalde, Xulio Ferreiro, e integrado por distintas entidades do ámbito da saúde, ten como obxectivo crear un novo espazo de participación e debate no que acordar e impulsar propostas neste ámbito, así como poñer en marcha accións orientadas á mellora da calidade de vida da cidadanía. Impulsado polo goberno local e, en concreto, pola Concellería de Xustiza Social e Coidados, o Consello da Saúde conta neste momento coa adhesión de 28 asociacións e federacións do ámbito socio-sanitario, ademais da representación do goberno local e do resto de formacións con representación na corporación municipal. O rexedor salientou ante os medios que este novo órgano "debe servir como lugar de encontro e de diálogo para o deseño de políticas, especialmente de prevención que é o onde temos máis competencias, pero tamén como foro no que traer discusións sobre temas capitais como, por exemplo, a solución máis acaída para a necesaria ampliación do Chuac ou as súas necesidades actuais ".

Ferreiro tamén destacou o feito de que a iniciativa do Consello Local da Saúde "obtivo unha gran resposta dende o primeiro día por parte das entidades socio-sanitarias da cidade así como polo resto de formacións políticas con representación na corporación". "Hai asuntos de cidade nos que é necesario que todos rememos do mesmo lado, a saúde é un deles", apuntou.

Cidade de Coidados

Pola súa banda e durante o acto de constitución, a concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, salientou que o Consello Local da Saúde é un novo paso dentro da liña de actuación posta en marcha polo goberno local para promover e protexer a saúde o benestar da veciñanza de cara "á consolidación da Coruña como unha Cidade Saudable, unha cidade que coida de todas as persoas que viven nela". "Neste tempo implementamos unha Renda Social Municipal que permite cubrir as necesidades básicas das persoas, melloramos o plan de prevención de drogodependencias mediante a posta en marcha de novas accións comunitarias como Educación na rúa ou a permuta de sancións a menores por consumo de alcohol por cursos de sensibilización, incrementamos os programas educativos que traballan hábitos saudables e abrimos os patios dos colexios en período non lectivo para fomentar o deporte e outras alternativas saudables", enumerou. "Fixemos moitas cousas, pero debemos seguir facendo, xa que a nosa cidade necesita que sigamos construíndo ferramentas e facendo camiño. Temos grandes retos, como o forte envellecemento ou a saúde mental e debemos afrontalos dende a coordinación coa rede sanitaria e socio-sanitaria", indicou, á vez que recordou que o Consello Local da Saúde queda suxeito á incorporación de máis colectivos, se así o solicitasen.

Ademais de representantes do goberno local e do resto de formacións da Corporación, o Consello Local de Saúde quedou constituído coa participación dos sindicatos CCOO, UGT, CIG e CSIF, ademais da Facultade de Ciencias da Saúde e de Fisioterapia da UDC, os colexios oficiais de Fisioterapeutas de Galicia, o de Farmacéuticos,  Médicos, Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, Traballo Social e Psicoloxía de Galicia, Cruz Vermella, Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, Asociación de Axuda a Familiares de Drogodependentes, Asociación de Nenos con Déficit de Atención e Hiperactividade, Asociación Cidadá de Loita contra a Droga, Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, Asociación Parkinson Galicia, Asociación Galega de  Fibrosis Quística, Asociación Coruñesa de Epilepsia, Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, Liga Reumatolóxica Galega, Agalure, Asociación Coruñesa de Fibromialxia e Fatiga Crónica e SOS Sanidade Pública.

venres, 26 de outubro de 2018

Parabéns ao Centro de Orientación Familiar de A Coruña! Preocupación polo seu futuro

FALADOIRO “Pasado, presente e futuro dos centros de planificación familiar en Galicia. Un modelo de intervención integral”
Con Marián Ferreiro Vidarte (Traballadora social xubilada do COF), Guillermo González Antón (Presidente da Federación de Planificación Familiar en España), Luis Verde Remeseiro (Xerente da Área Integrada da Coruña), Belén López Viñas (Xefa do servizo de xinecoloxía e obstetricia do CHUAC), moderado por Xosé Anxo Vidal Pan (Director do COF

 Preocupación polo seu futuro, as palabras do xerente da EOXI de A Coruña, Luis Verde, fixeron ver que non está garantida a continuidade do COF e o ritmo da súa desaparición depende máis das xubilacións dos profesionais actuais.

Hai que agradecer o traballo de todo o persoal do COF da Coruña. Tantas vivencias, tantos problemas resoltos, con respecto e liberdade. O COF celebra o seu 35 aniversario e faise preciso continuar loitando pola continuidade dunha institución coruñesa e un xeito de facer valer os dereitos sexuais e reprodutivos da muller.




mércores, 24 de outubro de 2018

A presentación do Consello Local de Saúde de A Corña na prensa





El Ayuntamiento de A Coruña pondrá en marcha el día 30 el Consello Local da Saúde, una iniciativa que busca poner en marcha acciones que mejoren la calidad de vida de la ciudadanía.

Así lo ha explicado, en rueda de prensa, la concejala de Justicia Social, Silvia Cameán, acompañada de representantes de la Plataforma SOS Sanidade Pública.
Cameán ha señalado que más de una veintena de entidades, instituciones y colegios profesionales han confirmado su presencia en el acto programado para el próximo martes. "Las competencias son limitadas en la promoción de la salud", ha reconocido la edil, quien ha abogado por la colaboración para impulsar acciones en esta materia.

Mientras, el presidente de la Plataforma SOS Sanidade Pública, Ramón Veras, ha señalado que este Consello "vale para no enfermar", en alusión a las iniciativas que se pretenden impulsar para mejorar la calida de vida de los ciudadanos abordando cuestiones como el tabaquismo, la obesidad o el consumo de alcohol o la importancia de hacer ejercicio.



  24.10.2018 | 03:16
La concejala de Xustiza Social, delante de los miembros del Consello Local de Saúde. | la opinión
El objetivo que busca el Concello y la plataforma SOS Sanidade Pública con la creación del Consello Local de Saúde es que los coruñeses enfermen menos, que la prevención y la calidad de vida pesen más que los dolores y quejas de los malestares o trastornos. Así, el próximo martes se reunirá el grupo por primera vez, con la participación de 27 entidades confirmadas y a la espera, dijo ayer la concejala de Xustiza Social, Silvia Cameán, de que que se conviertan en más. Colectivos sociosanitarios, instituciones o colegios profesionales ya se han sumado a la iniciativa, pero la idea está abierta a otras adhesiones.
"Desde el ámbito local se puede hacer mucho más", defendió la responsable municipal, que, aún así, defendió que el Gobierno local trabaja en la promoción de la salud a través del fomento de una alimentación saludable en la infancia, del envejecimiento activo, el ocio saludable o la prevención de sustancias adictivas. También el portavoz de SOS Sanidade Pública, Moncho Veras, apoyó implantar medidas desde este consello, para evitar tener que ir al médico en primer lugar: "Podemos contribuir a reducir la mortalidad más que una unidad de alta tecnología nueva y brillante porque todos queremos curar cuando estamos enfermos, pero lo más importante es no enfermar".
Este espacio que se inaugurará la próxima semana, comentó Cameán, fomentará la participación y el debate entre los colectivos implicados en el sector sanitario e impulsará propuestas en materias relacionadas para conseguir, dijo, "la mejora permanente de la calidad de vida de la ciudadanía".
Fue idea de la plataforma ciudadana, reconoció la edil, crear este consello y desde su departamento, añadió, acogieron la idea con gusto y apuntó que ya se han adherido a la Red de Ciudades Saludables.

El próximo martes se pondrá en marcha el Consello Sectorial de Saúde. Un órgano de carácter consultivo puesto en marcha por el Ayuntamiento de A Coruña y en el que colabora la Plataforma Galega SOS Sanidade Pública.
Tiene como objetivo crear un espacio para el asesoramiento, la información, el debate y el estudio de programas en materia de salud.
La idea es que los servicios sociales municipales estén íntimamente coordinados con las asociaciones y entidades relacionadas con la salud de la ciudad.




A Coruña
La concejala de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, anunció la creación el próximo martes 30 de octubre del Consello Local da Saúde, un nuevo ámbito de participación que busca reforzar las relaciones entre el Ayuntamiento y las entidades ciudadanas. «Este espazo nace para fomentar a participación, o debate e acordar e impulsar propostas en materia de saúde, así como poñer en marcha accións orientadas á mellora permanente da calidade de vida da cidadanía», explico la concejala.
Cameán, que estuvo acompañada en la presentación por varios miembros de la plataforma SOS Sanidade Pública, resaltó la necesidad de poner en marcha mecanismos para fomentar la participación de la ciudadanía en todos los ámbitos, también en el de la sanidad.
En el Consello Local da Saúde participarán, como mínimo, las 27 entidades sociosanitarias, instituciones y colegios profesionales de la ciudad. En este espacio se podrán definir actuaciones que busquen la promoción de una mejor calidad de vida y más saludable.

O 30 de outubro constitúese o Consello Sectorial de Saúde de A Coruña

As principais entidades sociais da cidade integrarán o Consello Local da Saúde, que se constitúe o vindeiro martes co obxectivo de poñer en marcha accións que melloren a calidade de vida da cidadanía

 Presentación en conferencia de prensa no Concello por parte da concelleira de Xustiza Social e Coidados Silvia Cameán, acompañada da plataforma SOS Sanidade Pública A Coruña
Moncho Veras, voceiro de SOS Sanidade Pública A Coruña resaltou a importancia deste organismo na reducción da mortalidade.
"Unha oportunidade de saúde para a cidadanía de A Coruña"
"Vale para estar san e non enfermar" "Hai algo máis valioso?", palabras do voceiro da plataforma.
Documento:
 Consello Sectorial de Saúde: unha oportunidade de saúde para a cidadanía de A Coruña
Bo día

Sra Concelleira, grazas por convidar a SOS Sanidade Pública a esta conferencia de prensa de presentación do Consello Sectorial da Saúde de A Coruña.

Se lles dixese que un organismo como o Consello Sectorial da Saúde pode ser tan importante como a falada ampliación do CHUAC dirían que este está tolo. Pero en términos de saúde, e diso é do que falamos, de estar sans, de non enfermar, as actividades que se poidan poñer en práctica desde un organismo como o Consello Sectorial de Saúde poden contribuír a reducir a mortalidade máis incluso que a posta en marcha de algunha unidade de alta tecnoloxía que a todos nos causa asombro e nos marabilla.

Está claro que todos queremos curar cando estamos enfermos e todos queremos ter os centros de saúde e hospital mellor posible, cómodos, con todos os equipos humanos e técnicos pero, sen dúbida, o máis importante é non enfermar, e para iso vale isto que hoxe se anuncia.

SOS Sanidade Publica de A Coruña quere felicitar ao goberno municipal por aceptar e facer súa esta iniciativa e tamén a toda a Corporación, porque recordemos que este Consello foi aprobado en Pleno por unanimidade, co apoio de Marea Atlántica, PP, PSOE e BNG. É un organismo que se crea co beneplácito de todos e todos deberán apoialo aínda que, como é natural, a súa xestión corresponde ao grupo de goberno.

Os organismos internacionais relacionados coa saúde e a literatura científica falan reiteradamente nos últimos anos da necesidade de poñer en marcha iniciativas de saúde pública nas que
- por un lado, se promovan políticas sanitarias multisectoriais,
- por outro, se teña en conta a Saúde en Todas as Políticas
- e por último, se ofrezan recursos para que a poboación poida atender mellor á súa saúde

Unha saúde entendida agora xa non como ausencia de enfermidade senón como a capacidade que ten a persoa de desenvolver o seu propio potencial persoal e de responder de forma positiva aos retos do entorno, do ambiente que a rodea.

O Consello Local de Saúde pode axudar a mellora a saúde das xentes da Coruña con iniciativas de mellora orientadas en dous sentidos:

1º Por un lado con actividades máis ligadas a estilo de vida e que serán útiles para a mellora de problemas como o cancro, a obesidade, a diabete, tabaquismo ou o alcohol, nos que a prevención está fundamentalmente en como vivimos e nos relacionamos

2º E en segundo lugar na mellora dos determinantes sociais da saúde (as condicións nas que as persoas viven, traballan, crecen e se relacionan).

Sabido é que estes determinantes sociais da saúde poden ter máis influencia na mortalidade que os factores xenéticos ou biolóxicos.

Nun estudo publicado na prestixiosa revista médica Lancet do 31 de xaneiro de 2017 mediron actividade física, tabaquismo, hipertensión arterial, inxesta de sal, diabete, obesidade, alcohol e estatus socioeconómico, e observaron que o tabaco era a variable de maior impacto pero o cambio de categoría de estatus ofrecería un maior impacto de redución da mortalidade na poboación que a redución de hipertensión arterial, diabete ou mesmo obesidade.
Non valen, polo tanto, para controlar esta influencia na saúde os servizos sanitarios. Faise necesario crear outras vías de mellora.

Nesta liña podemos entender que nun organismo no que estean administracións como o Concello, o Sergas, a Consellaría de Educación, ou institucións académicas como Fisioterapia, Traballo Social, Enfermaría, a Facultade de Ciencias da Saúde, por exemplo, ou asociacións de pacientes como poden ser a de trastornos aditivos, de glaucoma, de fibromialxia, de epilepsia, de diabete, de enfermidades raras,... ou os colexios médico, de enfermaría, de farmacéuticos,...
A potencia que pode ter un organismo deste tipo se se traballa en común é innegable.
O Consello Local de Saúde é unha oportunidade para que calquera colectivo da cidade que teña unha idea ou unha iniciativa de mellora da saúde poida canalizala por medio deste organismo. É unha oportunidade para promover na sociedade cambios e melloras que non se poderán dar desde os servizos sanitarios.

Claro, un organismo deste tipo será útil dependendo da súa actividade, e será moi dependente do liderado e impulso do mesmo. Non podemos permitir que se converta nunha inútil institución burocrática máis, e pola nosa parte intentaremos que non sexa así. Necesitamos mantelo vivo, activo. Para iso poderán contar con nós no que faga falta.

EN CONCLUSIÓN, O CONSELLO SECTORIAL DE SAÚDE VALE PARA NON ENFERMAR, PARA ESTAR SANS, HAI ALGO MÁIS VALIOSO?

Moitas grazas

mércores, 17 de outubro de 2018

Reunión do Goberno municipal con SOS Sanidade Pública A Coruña

SOS Sanidade Pública A Coruña foi convidada polo Alcalde de A Coruña Xulio Ferreiro a unha reunión para falar da posible ampliación do CHUAC anunciada por Feijoo no debate da nación.
Estaban presentes tamén Silvia Cameán, concelleira de Xustiza Social e Coidados e Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana.
Falouse de necesidades sanitarias da cidade, da actual infraestrutura sanitaria e de como sería posible mellorar a eficiencia desta organización, sobre todo pensando no futuro da cidade.
O Alcalde xa se reunira onte coa decana de ciencias da saúde e ten previsto reunións con máis organizacións cualificadas da cidade.
Acordouse manter o contacto para continuar falando deste asunto.

venres, 12 de outubro de 2018

O anuncio de Feijoo de ampliación do hospital é propaganda electoral

Sen concreción é propaganda electoral. As prioridades son o aumento de persoal en atención primaria e en moitas das unidades do hospital e en normalizar unha contratación que continúa a ser precaria e con moitos contratos mes a mes.

Opinións de María Seijo, presidenta da Xunta de Persoal, e Ramón Veras, voceiro de SOS Sanidade Pública no xornal La Opinión de A Coruña








Que el presidente de la Xunta prometiese esta semana la ampliación del Hospital de A Coruña en un 50% antes de que termine la legislatura en 2020 cogió "a contrapié" al Gobierno local, para el que Alberto Núñez Feijóo pidió colaboración sin comunicar previamente al Concello este anuncio, como admitió el miércoles el concejal de Rexeneración Urbana, Xiao Varela. A los representantes de trabajadores y colectivos sanitarios la promesa del Gobierno gallego les ha causado la misma impresión: escepticismo. En sus críticas al anuncio, del que subrayan su "falta de concreción", reprochan su afán "propagandístico" y advierten de que son necesarias otras urgencias en las instalaciones hospitalarias.
La promesa de Feijóo "es vender humo", coinciden María Seijo, portavoz de la Junta de Personal del área sanitaria de A Coruña, y Ramón Veras, médico de familia en el centro de salud de San José y portavoz de la Plataforma SOS Sanidade Pública. Ni uno ni otro se detienen a profundizar en cómo se debería llevar a cabo el crecimiento de las instalaciones, condicionado en gran medida por las condiciones urbanísticas de su entorno; más bien apuntan a las necesidades de determinadas unidades sanitarias y a la situación de los trabajadores como aspectos que, en su opinión, merecen más atención e intervención.
"Somos escépticos porque la Xunta ha puesto en marcha planes directores con distintas fases que se retrasan tres, cuatro y cinco años. Así que decir que se va ampliar el hospital nos parece una idea muy ambiciosa y propagandística", opina Seijo. "No se puede anunciar algo así sin proyecto firme, sin plazos, sin indicar cómo están los terrenos o si habrá que expropiarlos". Todo lo que anuncia Sanidade en nuestra área es humo", sentencia.
"No conocíamos que existiera una demanda de ampliación y no creemos que sean prioritarias nuevas infraestructuras. Lo anunciado no tiene concreción, parece que está hecho para enredar y puede crear otro frente de conflicto con el Concello. Lo que sí hay es demanda de cubrir con recursos humanos las mil deficiencias que tiene el hospital", lamenta Veras.
Si algo es urgente en el Hospital de A Coruña, no es la ampliación de las infraestructuras sino un uso más eficiente del personal sanitario, señalan los profesionales consultados, que apuntan carencias en las unidades de ictus y enfermos crónicos. "Hay contratos precarios que se renuevan mes a mes, plantas con auxiliares y enfermeras para atender a un montón de pacientes. Hay que normalizar contratos, cubrir plazas con personal y mejorar la atención día a día", exige Veras.
El Gobierno local apela a tratar con la Xunta los aspectos técnicos de una posible ampliación para estudiar qué terrenos podrían habilitarse para nuevas instalaciones. El planeamiento urbanístico plantea el crecimiento del complejo sanitario sobre los actuales aparcamientos, que quedarían soterrados.

domingo, 7 de outubro de 2018

A mobilidade é saúde. Sempre con garantía

Achégase artigo publicado na Opinión de A Coruña sobre o uso das bicicletas e patinetes eléctricos polas beirarrúas:




Copia do artigo:

07.10.2018 | 01:01
 
A Organización Mundial da Saúde, os diferentes organismos de saúde pública ou as sociedades científicas médicas recomendan un incremento da mobilidade activa. Para manter a independencia e calidade de vida nas persoas maiores, reducir peso e reducir o risco cardiovascular en millóns de persoas non tan maiores e mellorar a estrutura osteoarticular e a saúde física e psíquica en xeral. Recibimos múltiples estímulos acotío para pasear, nadar, movernos en bicicleta ou ir ao ximnasio.

Mais aquelas que se decidan a cumprir estas recomendacións enfróntanse en moitas ocasións a un conflito polo espazo urbano no que sempre leva as de perder o paseante. As bicicletas que foxen dos coches, unido aos novos patinetes eléctricos, conviven malamente cos peóns nas beirarrúas.
Non só aquelas persoas que levan gafas escuras e van cun bastón apalpando e recoñecendo o chan necesitan espazo libre na beirarrúa. Pódense describir numerosos casos nos que o paso dunha bicicleta xunto a un peón é perigoso para este. Por exemplo:

-As persoas cunha deficiencia de visión central como pode ser por miopía, maculopatía, retinopatía ou catarata, que non ven con suficiente nitidez, reciben a intrusión da bici como unha agresión repentina e sorprendente.
-A persoa con glaucoma perde a visión lateral. Non ve o que lle vén polos lados. A entrada da bici no seu círculo vital vai ser unha ameaza para o seu equilibrio e integridade.
-Se tes fatiga por problemas respiratorios ou cardíacos, non tes forza para cambiar de posición coa suficiente rapidez para evitar a aparición no teu espazo de calquera vehículo.
-Aqueles con problemas neurolóxicos, sexan de deterioro cognitivo, cerebrovasculares, párkinson... ou de afectación de diferentes nervios periféricos teñen reducida a súa funcionalidade sensitiva e motora tanto para recoñecer o perigo como para evitalo.
-Os que teñen problemas articulares como pode ser cifoescoliose, afectación da columna cervical ou lumbar ou das cadeiras ou dos xeonllos ou dos nocellos non responden coa necesaria axilidade ante a rápida bicicleta.
-Unha persoa maior que non padeza ningunha enfermidade vai cambiar de por si, coa idade, a súa postura corporal, co tronco dobrado cara diante e a cabeza abaixada, con ampliación da base de sustentación dos pés, menor braceo e maior rixidez articular. Cando pasea precisa dun espazo libre de obstáculos ao seu arredor ou está en alto risco de caída e de fractura de cadeira, situación que aumenta a institucionalización e a mortalidade. Non é ningunha parvada.

Xa non falemos dos nenos. É máis, calquera persoa ten dereito, madia leva, a pasear tranquila e distraidamente pola beirarrúa, sen ter que estar pendente da invasión brusca dun vehículo ao seu arredor.

Temos que ser conscientes como colectivo de que as beirarrúas son para os peóns, que non se poden compartir con outros vehículos que circulan a moita máis velocidade que as persoas. Probablemente a solución pasa por actuar en varias frontes: normativa actualizada, vontade das autoridades de facela cumprir, educación vial infantil, colaboración coas asociacións de ciclistas e cidadás (como as de pacientes,...) e campañas institucionais. Pero todas as persoas temos unha responsabilidade social e debemos reflexionar sobre esta ameaza, educar aos fillos e advertir a amigos e veciños do uso respectuoso destes vehículos.

Entendo que o ciclista ou o usuario do patinete eléctrico se sinta ameazado polos coches. Seguro que se debe reducir a velocidade máxima dos coches e ampliar o carril para bicis e patinetes pero non se xustifica a invasión e ameaza do espazo dos peóns con risco para a súa saúde. Hai tempo os coches non paraban diante dun paso cebra para permitir o paso dos peóns. Agora é o habitual. Co uso das beirarrúas e as bicicletas ha de ser o mesmo.

mércores, 26 de setembro de 2018

Consello de Saúde de A Coruña. Un paso máis para a súa constitución

No Boletín Provincial do 17 de setembro aparecen as normas específicas de regulamento do consello local de saúde de A Coruña.


Pódense ver  na seguinte ligazón BOP número 177 do 17 de setembro de 2018

35 aniversario do Centro de Orientación Familiar (COF) de A Coruña


A Concellaría de Igualdade e Diversidade xunto co equipo do Centro Municipal de Planificación Familiar organizan unha serie de actividades para conmemorar estes 35 anos de servizo á A Coruña.
Comunicado:
A concelleira de Igualdade e Diversidade, dona Rocío Fraga Sáenz, e o equipo do Centro Municipal de Planificación Familiar, con motivo da celebración do 35 aniversario deste centro, temos programadas unha serie de actividades científicas, socieducativas e lúdicas. O fin das ditas actividades é salientarmos os piares do noso traballo: a educación afectivo-sexual e a promoción e defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos, no marco dun servizo público e democrático, para garantir a liberdade de elección e a defensa da diversidade como un valor.




xoves, 5 de xullo de 2018

Críticas á falta de pediatría en varios centros de saúde da cidade da Coruña este verán



Carta de Silvia Cameán, concelleira de xustiza social e coidados ao conselleiro de sanidade Jesús Vázquz Almuíña:



 

Foto de Víctor Echabe para La Opinión de A Coruña

Nota de prensa do BNG:

O Bloque exixe que o Sergas cubra de profesionais da pediatría de xeito urxente aos centros de saúde da cidade
As nacionalistas avanzan que presentaran diversas iniciativas no Parlamento de Galiza para que se garanta os servizos durante os meses de verán ao non se estar a cubrir os períodos de lecer das persoas titulares destes servizos
Avia Veira: “A Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de profesionais no país para garantir o servizo. Non se debe permitir que nos nosos barrios as nenas e os nenos queden sen atender porque non exista unha previsión de servizos e non se cubran as vacacións ou as baixas; veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa están a sufrir estes días esta falla de persoal que se prolongará ate setembro”

A Coruña, 3 de xullo de 2018. O Bloque ven de anunciar a presentación de varias iniciativas no Parlamento de Galiza a respecto dos servizos de pediatría que se ofrecen nos centros de saúde da cidade xa que logo, e segundo denuncias públicas da veciñanza de distintos barrios, coa chegada dos meses de verán, estes servizos vense minguados, ou directamente deixan de se ofrecer.
Deste xeito, a formación nacionalista ten detectado que canto menos nos centros de Novo Mesoiro, os Mallos, Labañou ou os Rosais, durante os meses de xullo, agosto e setembro haberá grandes recortes no servizo ao non se garantir as substitucións necesarias para os profesionais que gozaran dos seus períodos de lecer, ou mesmo polas baixas laborais que se puideran producir nestes meses.
Así, segundo puideron comprobar as nacionalistas, no centro de Novo Mesoiro, no servizo de pediatría, que xa só atende de mañá durante todo o ano, só se farán revisións durante o verán a nenas e nenos menores de 18 meses, e durante o mes de agosto só haberá un servizo completo de pediatría cando desde o mes de abril se viña ofrecendo un servizo mais outro medio servizo. “A respecto do centro de saúde dos Mallos, continúan as nacionalistas, o servizo de tarde foi pasado á mañá para cubrir estes períodos de vacacións, e hoxe mesmo, a veciñanza de Labañou denunciou a situación do centro no que o servizo está temporalmente pechado e sen que a Xerencia provea de persoal de substitución remitindo ás e aos pacientes ao centro dos Rosais, centro que, por certo, durante o mes de agosto tamén terá que cubrir as vacacións dos seus profesionais e que, con toda probabilidade quedará na mesma situación que os demais centros da cidade”.
Desde o BNG consideran está situación como inadmisíbel e exixirán ao Sergas mediante esta batería de iniciativas a cobertura urxente de profesionais da pediatría aos centros de saúde da cidade para garantir o servizo con total normalidade e coa menor distorsión para coa veciñanza.
A Xunta de Galiza non se pode escusar na falta de profesionais no país para garantir o servizo. Non se debe permitir que nos nosos barrios as nenas e os nenos queden sen atender porque non exista unha previsión de servizos e non se cubran as vacacións ou as baixas; veciñanza de Novo Mesoiro, os Mallos e Labañou xa están a sufrir estes días esta falla de persoal que se prolongará ate setembro”, conclúe a portavoz nacionalista no concello da Coruña Avia Veira.


Saúdos. BNG A Coruña
669 381 398